lunes, 25 de julio de 2016

Primeira Libeliña afín

Hoxe vín a primeira Aeshna affinis da tempada en Esmelle. Un pouquiño regato arriba da poboación que hai no río no seu tramo final, xa nas dunas. É un macho.

Despois, na beira do lago de Doniños, entre outras, este  macho de Emperador grande (Anax imperator)

este outro de Donceliña de ollos vermellos (Erythromma viridulum)

e esta femia de Donceliña elegante (Ischnura elegans)


Un saúdo

No hay comentarios: