jueves, 14 de julio de 2016

Teño que deixalo xa !!!

O derradeiro pitillo do día amosoume unha chea de "bichos" nos que, a verdade, non me fixaba moito ata agora.


Alí, na entrada da casa, a unha vella e enferruxada lámpada, achéganse moitas bolboretas nocturnas e outros insectos.


Preséntovos unha delas. Como non teño guía non foi doado atopar o seu nome na rede.
A identificación confirmouna Jonatan Antúnez na páxina de Biodiversidade.eu onde vos animo a participar.


O malo é que o derradeiro son agora tres ou catro.

¡¡¡ Teño que deixalo xa !!!



Phragmatobia fuliginosa













Un saúdo



No hay comentarios: